VII PROGRAMA EMPRENDEMENTO AGROALIMENTARIO FUNDACIÓN JUANA DE VEGA
A Fundación Juana de Vega convoca unha nova edición de seu Programa de Emprendemento Agroalimentario co obxetivo de axudar aos emprendedores a desenvolver as súas ideas empresariais e converterlas en proxectos de negocio.Poderán participar na na convocatoria aquelas persoas que queiran por en marcha unha inciativa empresarial nos ámbitos agroalimentario, forestal, marisqueiro o pesqueiro ou vinculada a servizos relacionados cos anteriores e que se desenvolva no ámbito xeográfico galego.
O pasado 5 de setembro fíxose a última revisión ao compendio de normativas consolidadas relativas a Colexios Profesionais, e saíu publicada no B.O.E. dese mesmo día.
Neste documento poden atoparse todas as normas relacionadas coa profesión, desde a colexiación, visado, titulación, atribucións, impostos.... etc.
Se queredes consultalo clickear na ligazón do BOE.
En breve empezaredes a recibir nos vosos fogares a nova circular colexial. Este ano vémonos obrigados a adiantala un pouco debido a certos cambios e para non ir contrarreloxo coa guía de peritos xudiciais.
Primeiro comentarvos que hai un formulario máis, grazas ao Protocolo asinado con Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e os 3 Colexios de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de Galicia, para unha listaxe exclusiva de peritación xudicial en xustiza gratuíta.
Tedes toda a información seguindo a ruta colexio - comunicados - circulares coa área privada aberta.
Se xa estás en área privada pica aquí.
Levouse a cabo a firma dun convenio entre os Colexios de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de Galicia e Vicepresidencia+Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, en relación ao nomeamento de peritos xudiciais para asistencia nos casos acollidos a Xustiza Gratuíta.
No escrito adxunto, tedes a explicativa do protocolo que se seguirá, con algunhas modificacións respecto de como se viña facendo. Desde o punto de vista colexial, chegado o momento abrírase unha nova quenda para os casos en que se nos comunique.