#COVID19-COLEXIO
Nesta ocasión e de novo dentro do expediente COVID19- COLEXIO, quérese transmitir información relevante relacionado coa época do ano en que nos atopamos, así como outras informacións importantes co funcionamento colexial.
Se adxunta en primeiro lugar un escrito explicativo do Colexio xunto con escrito do Consello Xeral cos últimos cambios lexislativos, así como as normativas relevantes dos últimos días.
#COVID19-COLEXIO V
Séguese implementando/modificando as medidas extraordinarias do estado de alarma.
A continuación a través de links a arquivos pdf, de nova información colexial, tanto do noso colexio como dos tres colexios de Galicia, da asesoría do Consello Xeral, dossieres, normativas recentes e outras informacións relevantes.
A finais de febreiro publicouse Resolución de convocatoria par ao corpo de enxeñeiros técnicos agrícolas do estado.
Dado o actual estado de alarma, o prazo das solicitudes aprazouse, polo que segue aberto.
As inscripcións deben realizarse de forma telemática.
Achegamos as dúas resolucións relacionadas coa convocatoria e un explicativo da tramitación telemática.
En calquera caso tedes toda la información, así como o temario, na páxina do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación.
#COVID19-COLEXIO IV
De novo achéganse unha serie de arquivos a engadir ao expediente # COVID19_ Colexio enumerados de 1 a 9, a saber:
1.Escrito desde o Consello Xeral coas últimas aclaracións lexislativas.
2.Tamén do Consello Xeral, do Departamento de Comunicacións unha iniciativa para que aqueles que queirades enviédeslles as vosas experiencias profesionais durante a situación de alarma.
3.Carta de Unión Profesional xunto con algunhas notas dos Ministerios de Traballo e Economía Social e do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo. (arquivos 4,5,6)
7.Achégase tamén un artigo da Web de Caruncho, Tomei & Judél, asesoría do Colexio, respecto a as axudas en alugueres.
8. Dossier con toda a información sobre COVID19.
9.RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2020, Consellería de Presidencia, Administracións Publicas e Xustiza da Xunta de Galicia, sobre o acordo do Centro de Cooperación Operativa
Doutra banda e seguindo na liña de cooperación dentro do marco colexial detállanse algunhas accións de interese para colexiados
01/04/20 – No novo escenario de endurecemento das condicións de confinamento, consecuencia da declaración do “estado de alarma”, o Colexio segue expedindo aqueles certificados de mobilidade que podedes solicitar en caso de necesidade de desprazamento. Único requisito solicitalo por correo-e ou mediante o formulario dispoñible na nosa web.
01/04/20 - O CGCOITAE ten asinado un convenio co COGITI polo que os colexiados de ambas dúas institucións poden acceder á oferta formativa da outra.
Posteriormente, o INGITE acordou iso mesmo, reciprocamente, entre tódalas entidades que o integran.
Na actual situación que estamos a padecer, o COGITI acordou provocada por el COVID-19, el Consejo General de la Ingeniería Técnica Industrial (COGITI) ha decidido “establecer unas condiciones especiales en lo que respecta a su Plataforma de formación e-learning (www.cogitiformacion.es)”.
Nese senso, poñen a disposición do noso colectivo descontos especiais, cunha redución do 50% sobre o prezo habitual dos cursos. Esta medida aplícase a todos aqueles cursos que teñan comezado desde o pasado luns día 23 de marzo ata o próximo 30 de abril. Deste xeito, os alumnos poderán desfrutar dun prezo especial: 1€/h alumno. Este importe considérase para un único curso por persoa, resultando os seguintes que queira realizar aos prezos actuais, e os cursos de idiomas (inglés e alemán) están fora desta promoción.
Por outra parte, tamén han adoptado outra medida excepcional: ofrecer en aberto todo o contido da revista Técnica Industrial. Para iso, só hai que acceder á web www.tecnicaindustrial.es, e descargarse tódolos números da revista que se precisen, para desfrutar de lecturas técnicas que poden ser de utilidade no desenvolvemento profesional.
Por último, retomando o tema dos cursos e en relación á última circular sobre condicións vantaxosas á formación que ofrecen as institucións integrantes do INGITE, aproveitamos para comunicarvos que xa se pode acceder ao través da web do CGCOITAE ás diferentes ofertas de formación dos Colexios e Consellos pertencentes ao INGITE, ao través do seguinte enlace http://agricolas.org/enlaces-formacion-ingite.
01/04/20 – Por si recibides algunha consulta nese senso, A XUNTA MANTÉN O PECHE DOS MERCADOS LOCAIS PARA A VENDA DE PRODUTOS AGROALIMENTARIOS POR INDICACIÓNS DO GOBERNO CENTRAL. Prorrogando neste eido os efectos da ORDE CMR de 23/03/20 (ao voso dispor na nosa web “www.coitagalicia.org”.
#euquédomenacasa