Está a organizarse un curso sobre as tramitacións con catastro e a conversión da documentación a formato GML. Está organizado desde a Delegación de Pontevedra, por tanto os interesados apuntarvos directamente alí enviando un mail con todos vuestros datos a delegacionpontevedra@coitagalicia.org.
Curso práctico de aplicación dos requisitos xurídicos e técnicos da lei 13/2015, reforma da lei hipotecaria e do Catastro, os días 23 e 24 de febreiro,2 -3 E 9 -10 de marzo, con horario os venres, de 16.00 a 20.00 h. e os sábados de 10.00 a 14.00 horas, salvo cambios de última hora. Prazas limitadas.
O curso impartirase en Pontevedra cun custo de 250 € por alumno cunha bolsa para colexiados ao corrente das súas obrigas, de 100€ que se abonarán despois da finalización do mesmo presentando certificado de aproveitamento.
En breve comeza unha nova remesa de cursos a través da Fundación Idea e o Consello Xeral, como sabedes estos cursos son susceptibles de ser bolseiros polo colexio, sempre que non se acollan á tripartita, desde o 50% e ata un máximo de 150 €/ ano e colexiado.
A bolsa solicítase ao finalizar o curso e para iso debedes enviarnos o certificado de aproveitamento do mesmo e factura do pago ou xustificante bancario e un nº de conta con IBAN para facer o ingreso.
Información sobre cursos gratuítos de varios sectores para facer online, que saca o Ministerio de Emprego e que se xestionarán a través da Fundación Idea.
Prazas limitadas, cun custo de 25 €, só para colexiados. Para inscribirse hai que enviar debidamente cumprimentado o arquivo adxunto. (departamentotecnico@coitagalicia.org)
Ponente: Gonzalo Brezmes .