-PECHADO-
Ábrese prazo de inscrición para curso de poda e enxerto en froiteiros e viña. Os interesados deben enviar un mail unicamente a departamentotecnico@coitagalicia.org
onde fagan constar no asunto "curso poda" e acheguen a folla de inscrición correspondente con todos os campos cubertos (achéganse máis abaixo).
Terase en conta a orde de chegada dos correos e só se admitirán non colexiados se non se cobren a totalidade de prazas.
Data límite de inscrición o luns 4 de xaneiro de 2016. Os admitidos serán comunicados por correo electrónico.
Os datos do curso son:
Título: Poda e enxerto en árbores froiteiras e viña
Lugar: Pontevedra
Data: 15 – 16 e 22 – 23 de xaneiro
Nº alumnos: Máximo 25
Custo:
(Enténdese por colexiados unicamente aos pertencentes a este Colexio)
*Colexiados 35 € **Colexiados desempregados: 25 € ***Non colexiados: 70 €
*Aos nosos colexiados pasaráselles o cobro do curso xunto co recibo trimestral das cotas colexiais.
**Os colexiados en situación de desemprego deberán achegar xunto á inscrición a tarxeta do INEM actualizada.
***Os non colexiados abonarán a cantidade unha vez teñan confirmada a asistencia e sempre antes do primeiro día de curso. Ademais enviarán copia do extracto bancario ao mesmo mail de arriba, facendo constar seu nome e "curso poda".
PODA E ENXERTO EN FROITEIROS E VIÑA
Dado o interese espertado prevese a organización dun curso de poda e enxerto para principios de 2016.
O curso de 25 horas será impartido en Pontevedra polo compañeiro Benito Carballo, experto na materia; os días previstos son 15,16, 22 e 23 de xaneiro en horario de tarde, aínda por concretar.
Terá un prezo de 70 € non colexiados e 35 € colexiados deste COITA.
Se esperta o suficiente interese o Colexio estudará a posibilidade de becar aos seus colexiados.
Os que estean interesados poden empezar a preinscribirse enviando mail a departamentotecnico@coitagalicia.org ou delegacionpontevedra@coitagalicia.org.
Nos link de abaixo tedes o programa provisional así como a ficha de preinscrición.
XORNADAS ABERTAS SOBRE PERITACIÓN XUDICIAL E QUENDAS DE ACTUACIÓN: PECHADAS
Organízanse dúas xornadas de peritación xudicial de cara as novas listas para 2016.
1. Pontevedra o sábado 21 de novembro no Palacete de Mendoza, Pza de Santa María s/n en horario de 10 a 13:45.
2. A Coruña o sábado 12 de decembro, aínda por concretar sitio e en horario de mañá.
Son xornadas gratuítas para colexiados e de 30€ non colexiados.
É obrigatorio enviar a ficha de inscrición que se adxunta con TODOS os datos que se requiren cumprimentados, e UNICAMENTE a departamentotecnico@coitagalicia.org.
Como son prazas limitadas, admitiranse por rigorosa orde de inscrición, con prioridade os nosos colexiados ata cubrir prazas.
Aqueles que se inscriban e non se presenten serán sancionados coa perda de prioridade en próximos cursos.
É importante lembrarvos que son xornadas de iniciación, onde se explicará basicamente os protocolos xudiciais.
CURSO DA FUNDACIÓN IDEA E "UNIVERSIDAD CATÓLICA DE ÁVILA"
Curso online que equivale a 80 horas e 3 créditos ECTs, empezará o 5 de outubro.
Lembrar que este curso está subvencionado polo colexio ata 150 €.
No link adxunto tedes toda a información.