Maio 2020
L M X J V S D
27 28 29 30 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31
Comunicación con todos los Colegiados
Conozca nuestras Actividades Profesionales
Mejora Continua de los Servicios Colegiales

080420 COVID19-COLEXIO IV NUEVA INFORMACIÓN

#COVID19-COLEXIO IV

De novo achéganse unha serie de arquivos a engadir ao expediente # COVID19_ Colexio enumerados de 1 a 9, a saber:

1.Escrito desde o Consello Xeral coas últimas aclaracións lexislativas.

2.Tamén do Consello Xeral, do Departamento de Comunicacións unha iniciativa para que aqueles que queirades enviédeslles as vosas experiencias profesionais durante a situación de alarma.

3.Carta de Unión Profesional xunto con algunhas notas dos Ministerios de Traballo e Economía Social e do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo. (arquivos 4,5,6)

7.Achégase tamén un artigo da Web de Caruncho, Tomei & Judél, asesoría do Colexio, respecto a as axudas en alugueres.

8. Dossier con toda a información sobre COVID19.

9.RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2020, Consellería de Presidencia, Administracións Publicas e Xustiza da Xunta de Galicia, sobre o acordo do Centro de Cooperación Operativa

Doutra banda e seguindo na liña de cooperación dentro do marco colexial detállanse algunhas accións de interese para colexiados

01/04/20 – No novo escenario de endurecemento das condicións de confinamento, consecuencia da declaración do “estado de alarma”, o Colexio segue expedindo aqueles certificados de mobilidade que podedes solicitar en caso de necesidade de desprazamento. Único requisito solicitalo por correo-e ou mediante o formulario dispoñible na nosa web.

01/04/20 - O CGCOITAE ten asinado un convenio co COGITI polo que os colexiados de ambas dúas institucións poden acceder á oferta formativa da outra.

Posteriormente, o INGITE acordou iso mesmo, reciprocamente, entre tódalas entidades que o integran.

Na actual situación que estamos a padecer, o COGITI acordou provocada por el COVID-19, el Consejo General de la Ingeniería Técnica Industrial (COGITI) ha decidido “establecer unas condiciones especiales en lo que respecta a su Plataforma de formación e-learning (www.cogitiformacion.es)”.

Nese senso, poñen a disposición do noso colectivo descontos especiais, cunha redución do 50% sobre o prezo habitual dos cursos. Esta medida aplícase a todos aqueles cursos que teñan comezado desde o pasado luns día 23 de marzo ata o próximo 30 de abril. Deste xeito, os alumnos poderán desfrutar dun prezo especial: 1€/h alumno. Este importe considérase para un único curso por persoa, resultando os seguintes que queira realizar aos prezos actuais, e os cursos de idiomas (inglés e alemán) están fora desta promoción.

Por outra parte, tamén han adoptado outra medida excepcional: ofrecer en aberto todo o contido da revista Técnica Industrial. Para iso, só hai que acceder á web www.tecnicaindustrial.es, e descargarse tódolos números da revista que se precisen, para desfrutar de lecturas técnicas que poden ser de utilidade no desenvolvemento profesional.

Por último, retomando o tema dos cursos e en relación á última circular sobre condicións vantaxosas á formación que ofrecen as institucións integrantes do INGITE, aproveitamos para comunicarvos que xa se pode acceder ao través da web do CGCOITAE ás diferentes ofertas de formación dos Colexios e Consellos pertencentes ao INGITE, ao través do seguinte enlace http://agricolas.org/enlaces-formacion-ingite.

01/04/20 – Por si recibides algunha consulta nese senso, A XUNTA MANTÉN O PECHE DOS MERCADOS LOCAIS PARA A VENDA DE PRODUTOS AGROALIMENTARIOS POR INDICACIÓNS DO GOBERNO CENTRAL. Prorrogando neste eido os efectos da ORDE CMR de 23/03/20 (ao voso dispor na nosa web “www.coitagalicia.org”.

#euquédomenacasa

 

CoitaGalicia ® 2012 Aviso Legal