O Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas e Peritos Agrícolas da Coruña - Pontevedra, en diante Colexio exercerá, no seu ámbito territorial e no marco das súas competencias, as funcións que lle asigna a Lei 11/2001 de colexios profesionais da Comunidade Autónoma de Galicia, a lexislación básica do Estado nesta materia, e, en particular, as seguintes:
A representación e defensa da profesión.
A ordenación da actividade dos colexiados.
O exercicio da potestade disciplinaria.
A loita contra o intrusismo profesional e a competencia desleal.
O establecemento de baremos de honorarios, meramente orientativos.
O cobramento das percepcións, remuneracións ou honorarios profesionais, cando o/a colexiado/a solicíteo libre e expresamente.
Establecer e recadar, mesmo esixir, todas as achegas económicas que determinen os seus Estatutos.
A elaboración e aprobación dos seus presupostos anuais de ingresos e gastos e das súas contas e liquidacións presupostarias.
O visado de dos traballos profesionais dos colexiados según establece o R.D. 1000/2010.
A organización de actividades dirixidas á formación e perfeccionamento profesional dos colexiados.
A participación de forma activa na elaboración e mellora dos plans de estudo das Escolas Universitarias de Enxeñaría Técnica Agrícola.
A organización de actividades e servizos comúns, de carácter profesional, cultural, asistencial, etc.
A intervención como mediador nos conflitos profesionais colexiados.
A relación e coordinación con outros colexios profesionais, así como cos consellos galegos de colexios.
Informar os proxectos de normas da Comunidade Autónoma de Galicia que afecten aos profesionais.
A participación nos órganos consultivos da Administración de Galicia.
A emisión de informes e ditames, non vinculantes, en procedementos xudiciais ou administrativos que afecten a materias da competencia profesional.
A colaboración coas administracións públicas en materia das súas competencias.
A colaboración e garantía da prestación da función polos profesionais colexiados.
Actuar como árbitro nos conflitos entre colexiados e terceiros.
Cantas outras funcións repercutan en beneficio dos intereses profesionais dos colexiados e se encamiñen ao cumprimento dos fins colexiais.
Territorialidade
O Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas e Peritos Agrícolas da Coruña - Pontevedra, ten, como a súa denominación indica ámbito territorial en dúas provincias.
As normas para o exercicio das súas funcións, e a delegación destas, desenvolveranse nos Estatutos particulares que se establezan no seu día, e actualmente considéranse nos Estatutos Xerais dos Colexios Oficiais de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas e Peritos Agrícolas de España, e do seu Consello Xeral.
A capitalidade do Colexio está na Coruña, existindo na actualidade unha Delegación en Pontevedra.
A fusión, absorción, segregación e disolución dos Colexios territoriais de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas e de Peritos Agrícolas, como os seus cambios de denominación, poderán ser promovidos polos propios Colexios; e requirirá a aprobación da Asemblea Xeral respectiva. A autoridade administrativa autonómica competente aprobará a modificación, logo de audiencia dos Colexios afectados.
Para a creación, por segregación, dun novo Colexio territorial estarase, se é o caso, ao que dispoña a respectiva lexislación autonómica. Salvo que esta determine outra cousa, para a creación será preciso que o novo Colexio agrupe a un mínimo de 200 colexiados.
Os (25) Colexios constituídos na actualidade son: Alicante, Almería, Andalucía Occidental (Sevilla, Cádiz e Huelva), Aragón (Zaragoza, Huesca e Teruel), Asturias, Badajoz, Islas Baleares, Cáceres, Castilla-Duero (Valladolid, Burgos, Palencia, Salamanca e Zamora), Cataluña (Barcelona, Girona, Lleida e Tarragona), Centro (Madrid, Ciudad Real, Cuenca, Guadalajara, Segovia, Toledo, Ávila, Soria e Albacete), Córdoba, Coruña (A) (A Coruña e Pontevedra), Granada, Jaén, León, Levante (Valencia e Castellón), Lugo, Málaga, Murcia, Navarra (Navarra e La Rioja), Ourense, Palmas (Las), Santa Cruz de Tenerife, Cantabria, País Vasco (Álava, Guipúzcoa e Bizkaia).
Estatutos xerais dos Colexios Oficiais de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas e Peritos Agrícolas de España e do seu Consello Xeral